Noticias
XVI edición do Salón do Libro Infantíl e Xuveníl de Pontevedra
4 de mar de 2015 | Categoría: Noticias Comentarios desactivados

Os alumnos do Colexio Santiago Apóstol particiaron no XVI Salón do Libro Infantíl e Xuveníl do Pontevedra que este ano ten com lema “Da ciencia á ficción”, que ten lugar dende o 27 de febreiro até o 28 de marzo do presente ano 2015 e que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Os alumnos de 3º de Educación Infantil e de 3º de Educación Primaria presentaron un libro, titulado “Unha viaxe incrible”, que narra as aventuras duns nenos nun planeta imaxinario.

Salón do libro - E.I. e E.P.

Traballo dos alumnos de E.I e E.P. para o Salón do Libro

Os alumnos de 1º de Educación Secundaria Obligatoria realizaron, por outra banda, unha maqueta que homenaxea ó escritor de ciencia-ficción Julio Verne.

Salón do libro - 1º E.S.O.

Salón do libro - 1º E.S.O.

Os traballos pódense ver expostos no Pazo da Cultura de Pontevedra até o 28 de marzo.

Para máis infrmación: www.salondolibro.org.

Comments are closed.