Noticias
Os alumnos de 3º ESO participaron no concurso ‘A XEOMETRÍA DA NATUREZA’de EducaBarrié
27 de abr de 2015 | Categoría: Noticias Comentarios desactivados

Que é Xeometría da Natureza?

Por que as celas dos panais das abellas son hexagonais? Por que unha estrela de mar é pentagonal? Xeometría da Natureza é un proxecto didáctico innovador que achega os alumnos ás explicacións matemáticas e evolutivas dos padróns naturais.

En que consiste a experiencia?

Ao longo do proxecto, os alumnos de 3º ESO analizaron una fotografía da natureza, extraendo padróns matemáticos e xeométricos para posteriormente poder construír unha análise da imaxe. Os alumnos, ademais, intentaron buscar unha explicación biolóxica á existencia de ditos padróns e a como e por que se teñen visto favorecidos ao longo dos procesos de selección natural.

Aquí están os resultados!

http://xeometriadanatureza.educabarrie.org/portfolio-items/favos-intelixentes/

http://xeometriadanatureza.educabarrie.org/portfolio-items/bandada-organizada-2/

E como non…obtivemos o diploma!! Felicidades 3º ESO!!

DIPLOMA ‘A XEOMETRÍA DA NATUREZA’

Comments are closed.