Atención á diversidade

O plan de atención á diversidade refírese ó conxunto de actuacións, medidas organizativas, apoios e reforzos que o centro diseña para proporcionar ó seu alumnado a resposta educativa máis axustada ás suas necesidades específicas.

Todas estas actuacións irán guiadas polo principio dunha educación inclusiva e integral do alumnado.

Traballarase para dar resposta á diversidade que existe no centro educativo adoptando medidas e decisións de maneira coordinada e conxunta; desenvolvendo unha metodoloxía aberta, flexible, adaptada ás distintas necesidades do alumnado e ás situacións concretas de aprendizaxe, incorporando innovacións e materiais didácticos actuais.

Prestarase especial atención ó alumnado con maiores dificultades educativas e de aprendizaxe, elaborando un plan de apoio.
Queremos favorecer o traballo autónomo sempre nun clima agradable dentro da aula, respetando a individualidade e as relacións positivas entre todos os alumnos/as, e así favorecer a tolerancia, o respeto, a liberdade, o diálogo e a igualdade.

Dentro do centro educativo hai diferentes profesionais e departamentos que exercen como axentes activos e asesores nesta atención á diversidade: profesionais da aula de Pedagoxía Terapéutica, da aula de Educación Especial, da aula de Audición e Linguaxe e do Departamento de Orientación.