Aula de educación especial

Ten como finalidade o traballo cos alumnos/as que pola gravidade ou permanencia das súas necesidades educativas especiais requiran recursos ou atencións que non poidan proporcionarse en contextos ordinarios.

Os profesionais especialistas desta aula participarán no proceso de avaliación psicopedagóxica dos alumnos/as; potenciarán as actuacións conxuntas de prevención e intervención que dean a resposta axeitada ás necesidades educativas do alumnado; asesorarán ós diferentes profesionais educativos sobre medidas que potencien ó máximo as capacidades do alumnado e faciliten a súa integración escolar e social, incidindo no desenvolvemento comunicativo e intelectual e na autonomía e equilibrio persoal de cada alumno/a.