Principio e notas de identidade

O Colexio Santiago Apóstol é unha Cooperativa de ensino que pretende ser unha alternativa empresarial e pedagóxica baseada na participación e responsabilidade compartida dos que nela traballan, e que pretenden dar respostas educativas válidas ao seu ámbito, a partir da participación dos membros da comunidade escolar nun proxecto educativo democrático, solidario e cooperador.

A nosa educación fundaméntase nos seguintes principios:

  1. Somos unha escola ética non doutrinaria e independente, isto é non subordinada a intereses políticos, relixiosos, garantindo así que se poida cumprir a súa función primordial: desenvolver nos alumnos e alumnas a autonomía crítica, o autocoñecemento e a liberdade interior e o diálogo racional sobre o mundo.
  2. Fomentamos entre os membros da nosa comunidade escolar o sentimento de pertenza a ela, respecto a todas as persoas que a integran a favor dunha existencia ética fundamental: o respecto polos principios que rexen as relacións entre un neno e os demais.
  3. Emprendemos accións educativas que promoven a autonomía moral e o pensamento reflexivo e crítico dos alumnos, como valor básico que garanta a liberdade das persoas, así como a capacidade de decidir por un mesmo en resposta á aliñación e masificación existentes.
  4. Educamos en e para a liberdade favorecendo soamente procedementos que conduzan a desenvolver nos alumnos/ás a autonomía moral, a liberdade e a responsabilidade compartida que elixir favorezan a capacidade de  tomar decisións.
  5. Consideramos a calidade humana e moral da persoa unha das máximas pretensións educativas.
  6. Garantimos que todos os nenos/ás con independencia moral ou económica dos seus pais, poidan acceder a unha formación básica común, adaptada ás súas inclinacións, aptitudes e expectativas, tal como se recolle no artigo 27 da Constitución.
  7. Facilitamos información e colaboramos coas familias no proceso educativo dos seus fillos, impulsando a participación da Asociación de pais e nais de alumnos nas actividades que realiza o centro.
  8. Potenciamos a convivencia directa co medio natural e social que nos rodea, creando unha relación de harmonía e respecto.
  9. Concibimos a coeducación como un proceso educativo que tende a favorecer o desenvolvemento integral da persoa con independencia do sexo ao que pertence.
  10. Potenciamos os valores democráticos da sociedade na que vivimos.
  11. Defendemos princípios de igualdade, tolerancia, xustiza e liberdade xa que cremos son a base para resolver as discrepancias a través do diálogo e respectando a dignidade das persoas.
  12. Como institución social comprometémonos a participar e ofrecer actividades sociais e culturais que a comunidade demande co fin de conseguir unha maior identificación.

    O Colexio está integrado por un equipo de profesores/ás que colaboran na posta en marcha dun proxecto pedagóxico, achegando o seu traballo solidario e cooperativo, e transmitindo estes principios ao alumnado.