Escola Infantil

A educación infantil do primeiro ciclo fundamenta definitivamente as canles para o desenvolvemento integral da persoa nos aspectos biolóxico, psicomotor, cognitivo, socio-afectivo e espiritual.

Este desenvolvemento integral ha de lograrse mediante experiencias socializadoras, pedagóxicas e recreativas que, adquiridas a través do xogo, irán xerando no neno un sentido de afecto, amizade, compañeirismo, tenrura e, en xeral, unha maior sensibilidade cos outros.

Deste modo, no colexio pretendemos facultar ó neno para unha serie de actividades como a observación, captación e comprensión de estímulos que cren nel unha maior independencia e harmonía e desenvolvan a súa personalidade, aptitudes e capacidades mentais e físicas.

Todo iso  intentámolo dentro dun contexto de afectividade de modo que o neno se atope en cada momento inmerso nun mundo de amor e cariño que estimule e motive as súas capacidades potenciais.

HORARIO DO CENTRO.

O centro permanecerá aberto de luns a venres con horario ininterrompido de 7:010 h. A 20:00 horas, exceptuando os segunites días:

-         24 de 31 de decembro pechamos ás 14 horas e non haberá servizo de comedor.

-         5 de xaneiro, pechamos ás 16:00 horas.

-         O día 7 de decembro patrón das escolas infantís e garderías.

-         O luns de Pascua e o 6 de agosto (festas locais).

SERVIZOS QUE OFRECEMOS.

SERVIZO DE COMEDOR:

Inclúe a comida do mediodía e unha merenda a media mañá.

Os menús son confeccionados por un especialista en dietética.

Enviamos unha folla co menú mensual para que vostedes poidasn comprobar o que comen cada días.

Calquera neno/a que por recomendación do pediatra deba seguir unha dieta especial, deberá traer o informe do pediatra.

SERVIZO DE PSICÓLOGA:

Atenderá todos aqueles casos que as profesoras consideren necesario, ou vostedes o reclamen.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS.

Dada a importancia que ten o entorno social no neno/a celebraremos festas, coma o magosto, o Nadal, a chegada dos Reis Magos, o día da Paz, o Entroido…

  • Aula de estimulación temperá.
  • Sensibilización musical coa especialista María Otero Chantada, coa que cantamos, bailamos, tocamos distintos instrumentos e incluso recoñeceremos os tons agudos e graves.
  • Inglés dende os 2 anos, impartido por profesor nativo.
  • Psicomotricidade, onde aprendemos conceptos especiais e traballamos a lateralidade ademáis o desenrolo integral do esquema corporal.
  • Talleres de cociña, cine, manualidades e experiencias.
  • Enseñanza asistida por ordenador.
  • Piscina.
  • Visitas fóra do centro.
  • Visita e estancia de 2 días na granxa-escola, para nenos/as de 2-3 anos ó final do curso.
  • Vista  o Zoo.
  • Saídas polo entorno da escola.

COMO FUNCIONAMOS.

1. Quen é a educadora do teu fillo/a? A educadora é unha persoa preparada, responsable do neno/a dende o momento en que se lle entrega, e coa cal os pais/nais poden estar en contacto a través das titorías, ademáis do trato diario na escola.

2. Programación das actividades:
A nosa programación adáptase á lei de E.I., LOE, abarcando o desenrolo global do neno/a. Cada grupo de idade e desenrolo ten unha programación anual e as actividades están relacionadas con ela.

3. A miña primeira axenda.
Cremos necesario que todo o que sucede na escola ten que estenderse á familia, polo que todos os nenos/as levarán a axenda na súa mochila diariamente.

IDEARIO.

As nosas ideas sobre o que debe ser a Educación Infantil e os obxectivos como escola son:

A-   Pretendemos promover o desenrolo do noso alumnado en tódolos ángulos: afectivo, social, motor e cognitivo.

B-    Intentamos que cada neno/a estableza relacións sociais para poder desenvolver a súa propia personalidade.

C-    Queremos favorecer o desenrolo das potencialidades coas que o neno/a nace.

D-   Adecuamos as experiencias tendo en conta a súa individualidades.

E-    Potenciamos a iniciativa, imaxinación, autonomía, etc…

F-    Somos conscientes da necesidade de que o/a neno/a de “idades temperás” adquira un desenrolo armónico en tódolos aspectos: emocional, social, perceptivo e motor, como tamén da importancia que teñen as vivenzas desa idade en todo o desenrolo futuro. Isto lévanos a un permanente reciclaxe, tanto do persoal como da nosa propia metodoloxía.

Pero o que de verdade nos interesa é a felicidade dos vosos fillos/as.

  1. Programación das actividades:

A nosa programación adáptase á lei de E.I., LOE, abarcando o desenrolo global do neno/a. Cada grupo de idade e desenrolo ten unha programación anual e as actividades están relacionadas con ela.