Educación Infantil

A educación infantil do segundo ciclo está baseada na educación en tres piares fundamentais: a afectividade, o xogo e a linguaxe.

A través destes aspectos axudamos os nosos alumnos/ás a desenvolverse e a formarse tanto escolar como social e persoalmente. É fundamental, nestes primeiros anos, crealo aos nenos un ámbito estimulante, un ambiente lúdico e un clima cálido para que maduren, aprendan e desenvolvan unha extensa gama de habilidades manipulativas e cognitivas.

Consideramos como obxectivo prioritario potenciar, dende os tres anos, a autonomía e o autoconcepto positivo no neno/a facéndoo consciente das súas posibilidades e axudándoo nas súas limitacións, para que, a partir dun respecto cara a el mesmo sexa capaz de aceptar e respectar ós demais.