Educación Secundaria

O deseño educativo para a Educación Secundaria Obrigatoria baséase na educación individualizada. Implántanse distintos niveis de desenvolvemento curricular para esixir a cada un de acordo coas súas posibilidades e características persoais, de maneira que todos alcancen os obxectivos para os que están capacitados e fomenten actitudes positivas cara ao estudo.

A adquisición de técnicas e hábitos de estudo é obxectivo prioritario desta etapa xa que lles axudará a afrontar con éxito os compromisos de aprendizaxe propios deste e posteriores niveis educativos.

A formación en valores ocupa un lugar destacado nos programas: Alegría, sentido do humor, capacidade para ver o lado bo das cousas, Tolerancia e respecto cara a os demais, honradez, integridade, sinceridade, coherencia, entre o que pensamos, dicimos e facemos, xenerosidade, desexos de facer o ben, de sentirse útil, de ser cidadán do mundo e irmán entre os seus irmáns, os homes de calquera raza e condición.

En Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O.) caracterízanos…

  • O control en asistencia, traballo, método e hábito de estudo.
  • O seguimento e comunicación coa Axenda Escolar.

  • Fomentar un método de estudio e unha disciplina de no traballo.
  • A organización e planificación do curso
  • A orientación no desenvolvemento persoal do adolescente así como os seus futuros estudos.
  • Control de traballo persoal: cadernos, lecturas…
  • As clases de apoio e reforzo para os alumnos con dificultades.