Bacharelato

O Colexio asume ante os alumnos de Bacharelato o compromiso de proporcionarlles unha sólida formación. Ademais dos coñecementos académicos necesarios ensínaselles a metodoloxía de traballo apropiada para enfrontarse con éxito aos estudios posteriores, ben sexa na Universidade ou nos Centros de Formación Profesional de Grao Superior.

O deseño curricular nesta etapa é individualizado e persegue que o alumno asuma con responsabilidade o compromiso fronte á súa propia formación.

Propíciase o acceso dos alumnos a unha ampla información sobre as alternativas educativas que se lle presentan, ao mesmo tempo que se lles facilita a orientación persoal axeitada.