Visitas ao Colexio

Por motivos de organización, e para evitar contratempos, cando os pais ou titores legais desexen ser recibidos polo/a titor/a, xefe/a de estudos ou director/a, pregámoslles que nolo comuniquen, ben telefonicamente ou ben por escrito a través do seu fillo ou filla, para así poder concertar unha entrevista. Sempre se atenderán ós pais na zona de administración. Prégase non pasen aos despachos nin aos corredores dos pavillóns escolares.