Uniforme colexial e deportivo

Será de uso obrigatorio o uniforme colexial para os alumnos de E. Infantil, Primaria e  da E.S.O.

O uniforme consta de:

  • Alumnas: Saia plisada en cadros granates e verdes, xersei ou chaqueta granate colo pico e sen ningún tipo de debuxo, polo branco.
  • Alumnos: Pantalón gris, xersei ou chaqueta granate e polo branco.
  • Para ambos os dous: Calcetíns granates. Zapato azul mariño ou negros.
  • Os alumnos de Ed. Infantil e de 1º ciclo de Primaria inclusive “Baby” ou mandilón segundo o modelo oficial do Centro.

  • Os alumnos de Bacharelato asistirán ao Colexio correctamente arranxados, coidando en todo momento a sinxeleza e o respecto aos demáis en atención ás esixencias dunha boa convivencia.
  • Uniforme deportivo: o uniforme deportivo obrigatorio que sempre se utilizará na clase de Ed. Física para todos os alumnos/ás de Ed. Infantil, Primaria, E.S.O., 1º de Bacharelato, consta de:
    • Chándal e camiseta Oficial do Centro
    • pantalón de deporte azul mariño
    • tenis brancos
    • calcetíns brancos.
  • As garantías do uniforme han de levar obrigatoriamente nome e apelidos do alumno/a.