Transporte escolar

O percorrido das rutas está trazado de maneira que cada autobús pase o máis preto posíbel da dirección dos alumnos.

O autobús ten prevista unha hora de chegada a cada punto, non podendo esperar, para que sexa posíbel cumprir o horario fixado nas follas de ruta.

Ningún alumno poderá utilizar outra ruta de autobuses diferente á que lle corresponda.

Calquera deficiencia no Servizo de Transporte escolar é conveniente comunicalo ao Colexio, a ser posible, no mesmo día que se produza.

Calquera falta cometida no Transporte Escolar será considerada como realizada no propio Centro.