Departamento de orientación psicopedagóxica

Ten como finalidade axudar ós alumnos/as na toma de decisións e na elección de itinerarios académicos ou profesionais ó longo de todo o proceso educativo, prestar atención ás necesidades educativas específicas  dos alumnos/as asi como participar no seu desenvolvemento integral.

O traballo deste departamento céntrase en 3 áreas:

  • Plan de Acción Titorial: asesoramento e seguimento do alumno/a ó longo de toda a súa etapa educativa atendendo ás súas necesidades e intereses no proceso ensino-aprendizaxe.
  • Plan de Orientación educativa e profesional: Facilitar a toma de decisións responsables  do alumno/a ó longo de toda a escolaridade, con puntos de especial énfase e atención nos momentos en que o alumno/a debe elixir entre diferentes opcións ou itinerarios (3º-4º ESO, 2º  Bacharelato).
  • Atención á diversidade: Tentar  que o proceso educativo se adapte ás necesidades e características de todos e cada un dos alumnos/as do grupo (Coordinando as actividades titoríais, colaborando na detección das dificultades de aprendizaxe e apoiando a implementación de programas  de técnicas e métodos de estudio).